Consellos para coidar o teu monte:

mundoeucalipto consejos 1

mundoeucalipto1

Pasos a seguir para realizar unha correcta planificación:

  • 1.Estudo físico da parcela
  • 2.Elección da especie e procedencia
  • 3.Cálculo financeiro do investimento
  • 4.Obtención dos permisos correspondentes e solicitude de posibles subvencións
  • 5.Planificación execución dos traballos previos
  • 6.Realización da plantación
  • 7.Labores de mantemento
  • 8.Aproveitamento ou colleita do cultivo
  • 9.Preparación da seguinte colleita
mundoeucalipto2

Pasos a seguir para facer unha boa selvicultura:

  • 1.Os tres primeiros anos imprescindible os labores de mantemento
  • 2.Para unha mellor calidade da parcela antes deben de iniciarse os traballos de mantemento e os labores de limpeza
  • 3.A limpeza química é moi efectiva, sempre que se realicen cos coidados adecuados e nas condicións climatolóxicas idóneas.
  • 4.O gando, especialmente os cabalos, pode ser compatible co cultivo de eucaliptos, contribuíndo á limpeza da plantación
  • 5.Unha plantación limpa é a mellor prevención ante un posible lume, e en caso de incendio non favorece a súa propagación
mundoeucalipto3

Pasos a seguir para Limpeza e preparación do terreo:

  • 1.Parcela limpa de matogueira e herba. Deixar sen restos da roza
  • 2.Dous primeiros anos de vida: roza mecánica
  • 3.Terceiro ano: roza mecánica ou químico
  • 4.O subsolado, a preparación dunha plataforma para a planta e o ahoyado mecanizado resultan a mellor opción en gran parte de terreos
  • 5.Non retirar a capa superficial do chan da superficie da parcela.
mundoeucalipto4

Pasos a seguir para realizar unha correcta plantación:

  • 1.Un bo marco de plantación é de 3,5x2 ( 3 metros entre surcos ou liñas e 2metros entre plantas), con 1.425 plantas/ha, facilita os labores tras a plantación. Con planta mellorada pódese reducir a densidade ata 3,5 por 2,5, 1.150 plantas por ha..
  • 2.Empregar planta de calidade, de especie e procedencia adecuadas, é fundamental.
  • 3.A planta debe de ser colocada no centro da plataforma (ou do foxo), enterrando correctamente o cepellón, sen pisala demasiado.
  • 4.Ferramentas adecuadas, e evite que a planta quede torcido.
  • 5.Abonar no mesmo momento da plantación. O uso de 200gr por planta dun abono granulado de uso químico 8:24:16 pode ser suficiente. Debe aplicarse a 20 cm da planta.
  • 6.A reposición de marras non debe atrasarse máis aló de 2 meses tras a plantación.
  • 7.Plantar á altura do pescozo da raíz e non por baixo desta (isto pode favorecer a entrada de fungos)
mundoeucalipto5

Pasos a seguir para realizar un correcto aproveitamento:

  • 1.A idade de curta varía entre 12- 15 anos para a quenda de máxima produción.
  • 2.A idade de máxima produción entre 10 e 12 anos.
  • 3.Poñer en mans de profesionais o aproveitamento ou colleita do cultivo
  • 4.Unha boa rede de pistas e un adecuado deseño de plantación dá maior valor á súa madeira á hora de realizar a explotación.
  • 5.Imprescindible que a empresa que realice os traballos de aproveitamento cumpra coas medidas de seguridade e saúde.
  • 6.Unha boa xestión dos restos de curta mellora a produtividade das seguintes rotacións. A cortiza, ramas e follas conteñen máis do 70% dos nutrientes minerais da colleita.
  • 7.Reinvestir parte do diñeiro obtido na selección de brotes e limpezas posteriores.
mundoeucalipto2
mundoeucalipto2

Pragas e fumigacións:

gonipterus-scutellatus

Gonipterus Scutellatus

Procedencia: Australia

Aparición en Galicia: 1991

Aspecto: Oíptico, cor marrón

Estados de desenvolvemento: Otecas- 4 estadios larvarios- Adulto

O Eucalyptus Globulus pódese ver afectado a medio prazo pola expansión deste defloiador. É a praga que máis ataca ao Eucalipto na comunidade autónoma de Galicia.

 
ctenarytaina-eucalypti

Ctenarytaina spatulata:

Procedencia: Australia

Aparición en Galicia: 2003

Aspecto: Elíptico, cor gris/marrón

Estados de desenvolvemento: Ovo- Ninfa- Adulto

O E. Globulus e o E. Nitens pódense ver afectados por este psilido , o cal se alimenta succionando a savia das follas novas. Unha vez que a árbore presenta as follas definitivas este xa deixa de actuar sobre elas.

 
ctenarytaina-spatulata

Ctenarytaina eucalypti:

Procedencia: Australia

Aparición en Galicia: 1972

Aspecto: Elíptico, cor gris/marrón

Estados de desenvolvemento: Ovo- Ninfa- Adulto

O E. Globulus e o E. Nitens pódense ver afectados por este psilido , o cal se alimenta succionando a savia das follas novas. Unha vez que a árbore presenta as follas definitivas este xa deixa de actuar sobre elas.

 
micosphaerella-nubilosa

Mycosphaerella nubilosa :

Procedencia: Australia

Aparición en Galicia: 2002

Aspecto: Manchas necróticas en ambos os lados das follas. As manchas poden ser entre amarelo verdoso ata marrón, normalmente rodeadas por un anel violeta. As manchas poden presentarse illadas ou poden unirse formando manchas máis grandes.